UNHA VOZ

Que doado semella dicir adeus cando un xa coñece as dúas beiras da noite: a dos morcegos e as pantasmas, e a que sabe a amorodos. Pero sempre xorde, nesa mesma escuridade ferida, unha voz chea de estrelas que te fire de novo e converte en pluma tremente a túa alma, outrora viaxeira.

Que doado semella dicir adeus cando un xa coñece as dúas beiras da noite.

(José María Máiz Togores)