Tiven un mal soño. Rompía todas as túas fotos, todas as túas cartas, todas as túas cancións, todas as túas lembranzas. E espertaba baleiro de memoria, coma un vello pobre, tras décadas vividas na túa ausencia, coas mans cheas de bágoas. Era incapaz de incorporarme na cama: a túa ausencia pesaba coma un corpo morto. Pero tenteino de novo. «Por ti loito ata a extenuación», berraba na miña soidade desesperada.
Nos meus soños, o teu rostro amosaba un sorriso amargo, de tempos remotos… aqueles nos que fomos felices.
—Equivócaste, José María. Nunca fomos felices.
—Vivimos unha historia fermosa…
—Pero imposible desde o principio.
E sigo sen verte desde hai… (José María Máiz Togores)
