De madrugada volve o recordo dun intre de sedución. Mestúrase cunha tristura antiga, e axiña me vexo repasando os sinais que deixou a miña xeración. Canto do que daquela tiñamos por unha promesa acabou baixo a cinza, por deixarmos pasar o tempo sen movernos.
Na fronte sinto a suor e parece que tamén me volvan ao corpo as bágoas e o sangue daqueles anos. A memoria proxecta nas paredes algúns xestos da nosa suposta gloria. Vista a estas horas, toda aquela grandeza apenas dá para cubrir a pobreza do meu corazón.
(José María Máiz Togores)
