Ás veces penso que me fun quedando atrás sen darme conta. A vida seguiu o seu camiño e eu quedei mirando certas portas que xa nunca se abrirán. Hai lembranzas que non doen de golpe: van desgastando por dentro, amodo, coma a humidade nas paredes vellas. Boto de menos persoas, lugares e mesmo o home que fun cando aínda non sabía todo o que ía perder. Co tempo, un aprende a convivir cos silencios, pero non sempre aprende a entendelos.
E hai noites en que a memoria pesa tanto que semella que todo o pasado vén sentar ao meu carón. (José María Máiz Togores)
