RITUAL AMOROSO

Achégueme a ti coa paciencia dunha formiga, imaxinando as coroas que podería deixar no faiado do teu corazón. Cando por fin atravesei o que para min era o Rubicón, perdinme nun labirinto de desexos e recordos que me devolvían sempre ao mesmo lugar. Alí comprendín, xa sen forzas, o que é internarse por vontade propia no territorio do Minotauro.

(José María Máiz Togores)