Atópome no penúltimo retallo da túa pel, saboreando esa estraña delicia dun adeus, coa alma voando por alamedas e clareiras de lúa. No pasado sentín a ledicia do teu peito; hoxe fatigaches a miña póla de oliveira por mil camiños andados; e mañá, quizais mañá, ti e mais eu encarnemos nunha ansiada cerimonia o máis indómito dos proxectos.
Que ninguén desprece o meu contento, que ninguén vulnere a miña celosía, que ninguén… que ninguén me impida ser a túa atalaia nesta cadea de fíos e ambrosías. (José María Máiz Togores)
