Prométome que aínda podo empezar de novo, coma un neno que gatea cara a un berce que só existe na súa cabeza. Imaxino unha alegría breve e a maneira de tapar a cicatriz, polo menos mentres dure o entroido e ninguén saiba moi ben quen está a tocar a quen. Ao cabo, todo o que quero é encher estas mans baleiras coa calor dunha pel coma a túa.
(José María Máiz Togores)
