PARA MIN

Quero coñecer os elos desa sede que levas contigo e seguirche o pensamento mesmo cando me resulta estraño. Gústame o recendo da túa pel, a calor da túa voz e o brillo que procuras agochar cando me miras. Quero saber tamén por onde te levan eses camiños tortuosos e que castelo de naipes ergues pola noite, nesas horas amargas en que pareces durmir e en realidade estás de garda.

(José María Máiz Togores)