Cando me falta a túa presenza, a noite énchese de lúas que non alumean. No soño, algo antigo, acaso celta, lévame ata ti. Oio unha cantiga de berce e sinto que o seu vaivén me pousa algo morno alí onde só había lousas.
Volvo soñar contigo e do peito sáeme unha alegría que, mentres dura, parece capaz de encher mil anos. Ao cabo da viaxe agárdame unha silveira con flores acabadas de cortar. Por un intre, eu, que levo tanto tempo de camiño, deixo de sentirme desterrado.
(José María Máiz Togores)
