Quedo a darlle voltas a unha palabra túa ata que a nosa monotonía deixa ver o que había debaixo. Nos teus ollos recoñezo o meu propio desacougo. Mírote sen saber onde iremos parar e ti murmúrasme ao oído algunhas solucións que o inverno, coas súas coartadas, nunca nos deixa probar.
Aquela tarde había pantasmas durmindo no que aínda quedaba de nós. Cando volvo aos meus bosquexos, atopo engurras e manchas que antes non vía. Cada vez que tento amañar o retrato cunha mentira, acaba saíndo á luz outra cousa que tampouco sei explicar.
(José María Máiz Togores)
