O MEU CORPO ESTÁ FRÍO E SEN BELEZA

Miro o meu corpo frío e véxoo coma unha estatua que leva demasiado tempo á intemperie. Cústame pensar que esa foi a casa onde vivín. As mans semellan pólas secas e nos ollos vexo un inverno que o espello me devolve por moito que cambie de postura.

Aínda así, debaixo da pel cansa queda algo morno. Quizais a beleza sexa iso que perdura cando as outras luces se van apagando. Esta noite abrázome con coidado, coma quen recolle da beira do camiño un animal ferido.

(José María Máiz Togores)