A auga baixa coa forza de sempre pola canle, pero a moa segue inmóbil. Antes abondaba con que o eixe empezase a xirar para que toda a mañá se volvese branca de fariña. Agora o gran queda onde o deixei e podo oír o río bater sen proveito contra o muíño.
Ela agarda polo pan ao pé do lume. Cando me pregunta pola moenda, fálolle das correntes e do inverno. Desde alí mesmo se oe que o río leva auga de abondo. O que eu non sei dicirlle é por que, tendo todo ese caudal ao meu dispor, son incapaz de mover a pedra.
(José María Máiz Togores)
