O corazón déuseme a golpes no peito e sentín a cara mollada. Vin na túa figura unhas chamas que parecían de pedra, e imaxinei unha man tendida que seguía sen chegar á miña. Tiven palabras nos beizos. Quedaron alí, entre a tenrura e a vergoña que me acendía as meixelas.
Na parte alta da cidade oíanse os xílgaros entre os toques das campás. Eu mirábate en silencio, coma se alí arriba alguén puidese gardar por nós todo o que chegaramos a dicir. Xa daquela, cando aínda estaba a nacer, aquel amor tiña algo de rosa murcha.
(José María Máiz Togores)
