Crían que sufrir xuntos era unha das maneiras de quererse. Por iso se agarraban á mesma ferida, coma dous náufragos que dubidan entre botar a nadar ou deixarse afundir. Durante un tempo o amor mantívoos a flote. Cando se decidiron a botar a áncora xa non sabían que corrente os levaba nin a que distancia quedaba a costa.
(José María Máiz Togores)
