ESTA NOITE

Quedoume a voz rouca e, de ti, o recordo dunha vez en que esvarei entre preguntas e coincidencias que non souben ler. Esta noite, coa liberdade que dá saber que os demais dormen, téntoche escribir. Volto as follas, risco e empezo de novo. Aínda me parece ver os teus beizos da cor da noite, dicindo algo que ningún destes papeis consegue entender.

(José María Máiz Togores)