E DESPOIS CHEGARON AS CHOIVAS

Coas primeiras choivas volveu aquela tristura sen causa que o verán conseguira manter a distancia. Pola mañá a néboa parecía ao alcance da man e o sol, detrás da humidade, obrigábame a pechar os ollos. Ao calor das lareiras quedei durmido pensando no mar.

Espertei tranquilo. Tardei un pouco en entender que a auga que oía viña da cidade e que non soaba como a choiva que botaba de menos nos soños. Despois, durante días, seguiu a chover.

(José María Máiz Togores)