DÍXENCHO…

Díxencho mesmo cando falar me custaba tanto como andar descalzo entre cristais. Outras veces adornei as palabras coma se con ouro e bronce fosen máis fáciles de entender. Se aínda tes dúbidas, podo repetilo sen adornos. Cando faltas, as miñas noites quedan detidas, coma un reloxo de sol ao que xa non lle cambia a sombra. Mesmo a canción que adoito cantar perde o pulso.

(José María Máiz Togores)