DESCUBRIMENTO

Eu non sabía que o amor tivese un fío tan fino. Pensaba que era luz, ou promesa, ou unha casa acesa cando fóra xea. Pero amar é tamén quedar sen teito. Descubrín que amar é permanecer cando todo en ti quere fuxir. É soster a ferida sen facer dela un espectáculo. (José María Máiz Togores)