Acabei de chegar e xa oio pingar as tellas. Entro nunha taberna onde se mesturan as risas, os aturuxos e unha foliada. Brindan e non sei por que. Quizais algún beba para aliviar unha pena. Cando saio, a choiva dáme de cheo no peito e os meus pasos resoan nos soportais. Queda o eco do alalá, coma o resto dun costume interrompido.
En Santiago volvo sentir o recendo da madeira vella e a calma das mañás na Alameda. E, con todo, xa empezo a despedirme mentres aínda estou aquí. Sigo mirando as pedras porque sei que, cando me afaste, ata o seu brillo debaixo da choiva me vai facer falta.
(José María Máiz Togores)
