A tarde fora tranquila. O ceo estaba limpo e nada me fixera sospeitar o que me custaría pasar a primeira noite sen ti. Cando anoiteceu, quedei preso na túa lembranza, coa sensación de que mesmo chorar me ía facer sangue. No silencio do cuarto quedou aquela frase.
—Es un mentireiro.
(José María Máiz Togores)
