A miña Galicia é un deses lugares. Pero non a Galicia das postais, nin a das paisaxes que se lle ofrecen ao visitante. A miña é máis pequena, máis íntima, máis miña. É a Galicia de terra adentro, dos camiños estreitos, dos muros de pedra, das árbores centenarias e das casas dos meus devanceiros, onde aínda atopo unha parte esencial do que son. (José María Máiz Togores)
