O CUARTO VIRXE

Escribo estas palabras como quen deixa unha luz acesa nun cuarto onde ninguén entrou aínda, pero que eu sei que ti algún día chegarás. Non sei se recoñecerás a voz que te fala, nin sei se che resultará familiar este ton con mestura de recordo e desexo, pero algo en min insiste en que as miñas cartas non precisan remitente para atopar o seu destino.

Hai nomes que abren portas, e o teu sempre me soou a chave antiga que entra en pechaduras que non lembraba ter. Hai días nos que penso que o mundo se move demasiado rápido, e que só a escritura conserva a capacidade de deter o tempo. Por iso che escribo: porque ti, sen sabelo, te convertiches nunha especie de refuxio, un lugar onde repousar o pensamento cando o ruído de fóra doe máis do que debería.

Quizais porque o teu nome leva dentro esa resonancia antiga, esa raíz nórdica que fala de cousas sagradas, de forza silenciosa, de algo que permanece cando todo o demais pasa. E hoxe quero dedicarche tamén un poema, non para que o interpretes, non, senón para que o leves contigo, como quen leva unha pedra quente no peto durante todo o inverno. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo