A MIÑA ANSIEDADE

Vivo estrangulado pola ansiedade, coma se o aire se negase a entrar do todo. Dentro de min, o desexo contradise: unha parte marcha coas mans baleiras, a outra queda aferrada a unha forza aprendida a base de resistencia. Só pido que cesen os punzóns, eses nervios afiados que desde hai séculos se aloxan na miña alma e atravesan os meus sentidos sen pedir permiso. Recórrenme como unha procesión errante de corpos sen abrigo, de camas abandonadas, de espazos onde xa non existe a palabra fogar. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo