OUTRA VEZ

Quero que me convides a un pracer sen nome, clandestino, deses que non deixan pegada, pero abren mil portas para que os nosos corpos perdan o norte e suban, cegos, a un cumio de gozos invisibles. E ti repítesme que a delicia desa gloria só a coñecerei contigo, que será un gozo secreto, un pacto de pel e saliva.

A miña fidelidade á soidade é tan feroz, tan limpa, que nunca vexo o sol, que para min sempre chove. E eu sigo aquí, empapado de espera. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo