Ás veces camiño sen saber por que. Como se algo vello, algo que non fala, pero insiste, me empurrase a seguir. Estou fronte ao mar. Sempre volvo aquí sen pensalo. Chámame, recóllome, bórrame. O sal leva as miñas pegadas coma se quixese dicirme que non son tan importante, que todo pasa.
E neste ruído suave, neste cheiro que queda na pel, naceume unha necesidade: escribir. Non o poema, non as palabras exactas. Só escribir. Porque hai cousas que non caben dentro para sempre. E hai silencios que, se non os abro, pésanme máis co corpo. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
