REFLEXIÓN POÉTICA

Á lume do eco poético, os meus versos atopan a súa morada definitiva. Non son palabras soltas no espazo, son palabras incandescentes que continúan ardendo mesmo cando eu, poeta, sucumbo ao silencio. O lume nunca é estático, móvese, transfórmase, consome e alimenta; e así é a poesía que en min medra.

Cada verso non é un mero reflexo, é un novo nacemento, unha pulsación que segue viva e que, terxiversada polo paso do tempo, non perde a súa esencia. O eco, como gardián dos meus versos, protéxeme do lume, permitindo que as súas lapas só iluminen outros camiños, quizais outros corazóns, quizais novos soños.

Cando remata, non hai silencio absoluto, só a continuidade da palabra que se entrega ao vento e se deixa levar polo lume e polo eco, fundíndose co universo e tornándose parte do infinito. A poesía é a lume dese eco e xamais se apaga. Ela transcende a morte en calquera tempo, resiste á escuridade e atopa sempre unha nova forma de existir. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo