A MIÑA VOZ EN SILENCIO

Non quero ser un berro nin un canto. Quero ser sombra tranquila, presenza que permanece cando todos marchan. Escribo sen retorno, como quen garda unha carta que nunca será enviada. Pola noite camiño pola miña casa como por un libro pechado, e cada habitación é un recordo que respira. O silencio non está baleiro, está cheo de nomes, de pasos que xa non volven, de palabras que non chegaron a dicirse. A miña voz en silencio é só isto: converter a ausencia en algo que permaneza. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos  no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo