Nunha noite de mans abertas pedinche que regresase o noso tempo, aquel de augas quentes, corpos espidos e fermosos soños. Entón palpei o teu excitador peito como un cego o noso último inverno, e como pedras que lapidaban unha vella historia tiven que recoller do chan unha cantidade inxente de estrelas danadas. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
