ILUSIÓN NOCTURNA

A ilusión, no amor, é facer e perceptible ao sentido do tacto (desordenado pracer de algodón a túa pel) o saboroso lume que nace ebrio na caluga; e que, tras un espasmo en forma de chama gozosamente excitada, móstrame tanxible na súa sensual man a cinza dun excitante que xamais ardeu en realidade. Todo é un bucle de fantasmagorías que gravitan espidas de realidade nunha nube de pel desaparecida e xamais acariñada. E despois, cando todo sexa unha realidade incorpórea, ti e máis eu poderemos facer dese anhelado soño algo real e pracenteiro. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos  no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo