Rompe dunha vez co teu pasado, deixa que caia como po vello entre as túas mans abertas. Esquece esa muller que habita na túa mente como un eco que non lle pertence. Camiña lixeiro, sen cadeas invisibles, coa alma limpa da súa sombra. Goza o instante coma se fose un lume breve e necesario que te fai renacer. Vive, e permite que os teus desexos máis íntimos respiren libres, sen medo nin culpa. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
