OS MEUS VERSOS

Escribir sempre foi, para min, unha forma de estar só sen estalo do todo. Os meus poemas nacen da necesidade de dicir o que calo, de mirar o que evito, de poñer palabras ao que doe, ao que permanece e ao que nunca volveu. Non busco comodidade. Non hai frases fáciles nin beleza impostada. Hai preguntas, feridas, desexos, silencios longos. Falo do amor, pero non do perfecto. Falo do que chega tarde, do que se rompe, do que queda a medias.

Falo da muller como presenza real: complexa, contraditoria, luminosa e escura. Falo da soidade, da escollida e da imposta. Porque ás veces non é estar só, senón non poder dicir o importante. Falo do tempo. Do que leva e do que deixa. E sobre todo, escribo con sinceridade. Espirme non é quitar a roupa. É dicir a verdade. (Do libro Cando chove por dentro no blogue sonmeigo.com) (1994-2026)

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo