A maleza que medra en min desde que marchaches está chea de animais indómitos e xeroglíficos imposibles. Xa non estás comigo, e o que parecía un home pleno converteuse nun esperpento, nun museo de debilidades. Aquela conversa na distancia segue na miña memoria, espíndome por dentro cada vez que noto a túa ausencia. Deixaches o meu presente tan espido, tan seco, que á miña habitación só veñen morcegos e vermes precociñados. (Do libro Cando chove por dentro no blogue sonmeigo.com) (1994-2026)
