A MIÑA MAN

A miña memoria lembra o que o amor esquece. Por iso algunhas noites esperto coa sensación de que aínda estás aquí. Non no cuarto daquel hotel suado, senón nun lugar máis fondo, onde a pel garda os hábitos antigos. Hai xestos que sobreviven á despedida. A miña man sabe que o espazo que ocupabas agora é territorio sen dono. Non entende de finais. Só avanza, coa paciencia cega de quen amou demasiado tempo. Ás veces penso que o amor non desaparece. Só cambia de lugar. (Do libro Cando chove por dentro no blogue sonmeigo.com) (1994-2026)

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo