Aínda lembro a dor da primeira noite sen ti. Foi a traizón da ausencia. Unha tarde tranquila. Sen nubes. Sen sospeitas. E chegou a noite. E eu, vulnerable. Enquistado no teu recordo. Con sangue en lugar de bágoas.
—Es un mentireiro. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
