Tiven un mal soño. Rompía todas as túas fotos, todas as túas cartas, todas as túas cancións, todos os teus recordos. E espertaba baleiro de memoria, como un vello pobre, tras décadas vividas na túa ausencia, coas mans cheas de bágoas. Era incapaz de incorporarme na cama. A túa ausencia pesaba coma un corpo morto. Pero intenteino de novo. Por ti loito ata a extenuación, berraba na miña soidade desesperada.
Nos meus soños, o teu rostro mostraba un sorriso amarelo, de tempos remotos… aqueles nos que fomos felices.
—Equivócaste, José María. Nunca fomos felices.
—Vivimos unha historia fermosa…
—Pero imposible desde o principio.
E sigo sen verte desde hai… (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
