Hai días nos que o pasado regresa sen facer ruído, como un mal soño que se desliza pola penumbra da mañá. Non chama á porta nin anuncia a súa chegada. Simplemente aparece e senta ao meu lado como se nunca marchara.
Mírame en silencio e agarda. E nese silencio as horas vólvense lentas, coma se o tempo dubidase. Entón a memoria abre as súas fiestras e regresan os rostros, as palabras esquecidas, a luz tenue do que fomos. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
