CHARLA

Unha charla calquera é o corredor dun vertixe indescritible. O meu presente móstrase absolutamente espido e á miña memoria só acoden habitacións de hotel deshabitadas. Lámpadas acesas para ninguén, cortinas que nunca abrín, vasos cun resto de auga morna ao pé dunha cama impersoal. Mentres falo, sinto ás palabras sosténdome apenas, como táboas húmidas sobre un pozo sen fondo. O outro sorrí, pregunta, continúa a conversa, pero eu xa estou noutro sitio: nun corredor interminable, escoitando portas pecharse ao lonxe. Hai conversacións que non unen a ninguén. Só fan máis visible o eco. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos  no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo