Carezo de diapasón. Nunca souben o valor dunha boa afinación. Pero sigo buscándoa, porque sei que sen ela non podo ser quen quero ser. Ás veces confundo ruído con rumbo, e silencio con paz. Vou ás apalpadas, tentando recoñecer a nota exacta que me devolva a min mesmo. Quizais vivir sexa isto: desafinar ata aprender a escoitarse. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
