AQUEL SUOR

Aínda habita en min. Aquel hotel. Aquel día tórrido dun Madrid oitenteiro con ínfulas de europeo apesarado. Puxen os meus beizos nunha gota de suor que percorría a túa pel. E ti apartácheste. —Es repugnante— sentenciaches. E eu quedei suspendido naquela cama, gardando para sempre o sabor daquela despedida. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos  no blogue sonmeigo.com

Descubre más desde SONMEIGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo