O meu nome pesa como a madeira mollada. Como un bosque que non se ve enteiro, pero se sente arredor. Nacín varias veces. A primeira, nunha casa onde o silencio non era distancia, senón unha maneira torpe de querer. A segunda, cando entendín que amar non era unha emoción, senón unha forma de mirar o mundo. Por fóra parezo contido. Por dentro, ardo amodo. Non sei amar a medias. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue sonmeigo.com)
